Confirman que aos homes cústalles máis traballo facer varias cousas á vez

Os científicos non se puxeron de acordo aínda en si é verdade que os homes non poden facer dúas cousas ao mesmo tempo pero que as mulleres si. Con todo, un estudo realizado pola Universidade Nacional de Investigación da Escola Superior de Economía, en Moscú (Rusia), arroxou máis luz a esta cuestión: concluíu que o cerebro dos homes necesita máis tempo e esforzo para cambiar de tarefa que o das mulleres. 
Esta investigación foi realizada logo de facer varios experimentos con 140 voluntarios (69 homes e 71 mulleres de entre 20 a 65 anos). Ao longo das probas, os participantes tiñan que facer varias tarefas intelectuais, como colocar figuras en base á súa forma seguindo patróns numéricos, ao mesmo tempo que se facían probas para evaluar a súa memoria visual e a súa actividade cerebral. 
Segundo Kuptsova, a ciencia non pode explicar aínda por que se producen estas diferenzas. Unha teoría popular, sostida polo psicólogo Jerre Levy, di que os homes teñen mellores habilidades espaciais e as mulleres mellores capacidades verbales a causa do reparto de tarefas feito en tempos antigos: eles pasaban o seu tempo cazando, o que require boa visión espacial, mentres que elas coidaban do fogar e dos nenos, o que requiriría boas capacidades de comunicación.«Poderiamos usar esa mesma lóxica e concluír que coidar do fogar e os nenos requiriu que as mulleres fosen máis hábiles traballando en moitas tarefas á vez, pero en realidade non hai probas sólidas en favor desta hipótese», concluíu Kuptsova.

Sexa como sexa, este estudo demostra que, nas condicións nas que foi realizado, as mulleres de entre 20 a 50 anos necesitan menos tempo e esforzo para cambiar entre as tarefas. Pero tamén que, a partir de 50 anos, estas diferenzas entre homes e mulleres comezan a difuminarse.
Segundo Kuptsova, estas diferenzas que detectaron non poden percibirse no día a día, a non ser que «haxa circunstancias moi estresantes e situacións críticas que requiran un cambio de atención moi frecuente».

Comentarios

Entradas populares de este blog

Mary Anning, a paleontóloga que demostrou a extinción

Sonia Kovalévskaya

5 mulleres latinoamericanas na ciencia