Antonia Ferrín , ourensana científica

Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense o 13 de maio de 1914. Era a terceira de catro irmás nadas no seo dunha familia humilde. Humilde si, pero con esperanzas dun gran futuro. E é que o obxectivo do pai de Antonia, profesor de matemáticas, era que os seus catro fillas estudasen na universidade, o que fixo que a familia trasladásese a Santiago de Compostela cando Antonia tiña apenas seis anos.

O esforzo familiar mereceu a pena. Antonia comezou a destacar nos estudos a unha temprana idade, e aínda comezando a escola con sete anos, con nove xa estaba preparada para ir ao instituto. Logo de cursar bachillerato de forma exemplar, comezou os seus estudos superiores de Química na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela (USC) á idade de dezaseis anos. Aquela era a única licenciatura que ofertaba a Facultade de Ciencias da USC naquela época e grazas ás matrículas gratuitas e diversas becas que obtivo, Ferrín se licenció en Químicas no ano 1935, ao mesmo tempo que conseguiu o Título de Mestra Nacional.

A partir daquel momento comezou unha carreira académica, docente e investigadora espectacular e incansable
.
Entre 1934 e 1936 traballou como profesora axudante de Física e Matemáticas na Facultade de Ciencias da USC, á vez que exercía de axudante interina no Departamento de Ciencias do Instituto Arcebispo Xelmirez de Santiago e estudaba a licenciatura de Farmacia ademais de realizar cursos de Ciencias Exactas (actualmente Matemáticas). Si, todo ao mesmo tempo.

O golpe de estado e posterior Guerra Civil non só fixeron parar a actividade universitaria de Antonia, tamén tivo que sufrir a súa represión en forma de denuncia anónima pola súa ideoloxía política que lle levou a ter un Expediente de depuración en 1937. Foi condenada coa inhabilitación para o desempeño de cargos directivos e de confianza, e apartóuselle da docencia.

Terminada a guerra, en 1940 pediu unha revisión da súa causa, que por sorte derivou nunha cancelación da pena. Antonia puido volver exercer de profesora na Facultade de Ciencias e se licenció en Farmacia naquel mesmo ano.

Foi tamén en 1940 cando coñeceu á persoa que probablemente cambiou a súa vida, Ramón María Aller, fundador e director do Observatorio Astronómico da USC. Foi el quen a introduciu na astronomía e aquelas primeiras colaboracións deron froito nun traballo de máis de vinte anos xuntos. En 1950 Ferrín conseguiu unha beca para realizar investigacións no Observatorio, traballo que finalmente derivaría a un contrato de asistente de investigación.

Foi tamén en 1950 cando Antonia se licenció en Matemáticas pola Universidade Central de Madrid (actualmente Universidade Complutense) conseguindo así a terceira das súas licenciaturas. Si, a terceira das súas licenciaturas.
 Non contenta, Antonia Ferrín seguiu estudando para obter a súa doctorado en Astronomía en 1963, cunha tese titulada ?Observacións de pasos por dúas verticais? e dirixida polo seu amigo e mestre Ramón María Aller. Aquela tese doctoral foi a primeira tese de astronomía defendida por unha muller no estado español e a primeira defendida na Facultade de Ciencias da USC, onde anos antes Ferrín e Aller impulsaron a creación da Licenciatura en Matemáticas. De feito, Antonia foi a primeira muller profesora desta Facultade.

Os anos posteriores foron igual de impresionantes. Ademais de profesora na USC, foi nomeada catedrática numeraria de matemáticas na Escola de Magisterio Santa María de Madrid, onde impartió clases de astronomía e mecánica celeste e ocupou cargos directivos. Tamén exerceu de docente na Universidade Complutense, ademais de traballar como achega en diferentes cátedras ao longo de toda a súa vida.


Cunha vida máis que fructífera ás súas costas e co recoñecemento de ser a madrina do 50 aniversario da Facultade de Matemáticas da USC en 2008, Antonia Ferrín Moreiras morreu en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2009.

As súas contribucións principais á astronomía consisten en traballos sobre ocultaciones estelares, medidas de estrelas dobres e determinación de pasos por dúas verticais.

Personalmente, a contribución máis importante que me deixou esta muller é ese incansable espírito de estudo e traballo que demostrou ao longo de toda a súa vida. Antonia Ferrín Moreiras fíxoo todo, absolutamente todo; estudou, ensinou, investigou, traballou? e fíxoo nunha sociedade e nunha época onde as mulleres non o tiñan fácil. O meu aplauso e admiración.
https://youtu.be/FFLzEGKPwzQ
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Mary Anning, a paleontóloga que demostrou a extinción

Sonia Kovalévskaya

5 mulleres latinoamericanas na ciencia