Hoxe os chamámos X e Y

Nettie Maria Stevens foi unha investigadora estadounidense pioneira de principios do século XX cuxas achegas no campo da xenética supoñen un punto de inflexión na bioloxía. Aínda que a Historia non a tratara moi ben, foi recoñecida polos seus contemporáneos como unha gran científica, audaz, paciente e dedicada. Tivo que traballar varios anos para poder aforrar para ir á universidade e poder cumprir as súas aspiracións. A pesar de comezar moi tarde a súa carreira científica, xa que apenas se matriculou na universidade con trinta e cinco anos, só necesitou nove anos para revolucionar o seu campo e deixar un gran legado científico tras de si. A enfermidade levoulla con cincuenta anos, en pleno auxe da súa carreira científica, antes de que puidese ocupar a cátedra que se creou para ela. Stevens doutorouse no ano 1903 e comezou entón os seus estudos de xenética e embriología en Filadelfia. Por aquel entón, non se coñecía que contiña a carga xenética nin como se transmitía dunha xeración á seguinte. De feito, moitos científicos da época dubidaban de que algo así realmente existise e apenas se estaban desempoando as investigacións de Mendel sobre a herdanza nos chícharos. Os seus estudos embriológicos na especie de escaravello Tenebrio molitor son os que, a día de hoxe, tiveron maior repercusión no devir das ciencias biolóxicas. Nettie Stevens observou no desenvolvemento embrionario que todos os individuos presentaban dez parellas de cromosomas, das cales nove eran longos e iguais e ademais ben tiñan unha parella desigual (cun longo e un curto) ou ben os dous da parella eran longos tamén. A esta última parella denominoulla “cromosomas auxiliares” ou heterocromosomas. Buscando a orixe destas diferenzas, ampliou o seu estudo cara á espermatogénesis (ou desenvolvemento dos espermatozoides) e alí descubriu que, dado que os espermatozoides posúen un cromosoma de cada parella, a metade posuían o cromosoma curto e a outra metade o longo. En cambio, os óvulos sempre presentan dez cromosomas longos. As observacións de Stevens demostraban que estes cromosomas eran responsables da determinación do sexo e ademais concluía que os machos xorden dun ovo fertilizado por espermatozoide co cromosoma auxiliar curto e as femias cun espermatozoide co cromosoma auxiliar longo.
Hoxe en día coñecemos aos cromosomas responsables como os cromosomas X e Y.
Nettie, con todo iso, conseguiu esclarecer un dos problemas científicos máis controvertidos e importantes da época e ademais as súas pescudas puxeron finalmente aos cromosomas no punto de mira para o estudo da herdanza mendeliana, permitindo que a xenética experimental despegase. De feito, Stevens comezou a traballar neste campo ao final da súa carreira.
 https://youtu.be/NRLJ6ZW7h48

Comentarios

Entradas populares de este blog

Mary Anning, a paleontóloga que demostrou a extinción

Sonia Kovalévskaya

5 mulleres latinoamericanas na ciencia