Purificación Escribano
Doutora en ciencias químicas pola Universidade de Valencia, Purificación Escribano foi catedrática de Química Inorgánica da UJI.
Como indica Sebastián Bruque na referencia 3., Purificación Escribano participou en numerosos proxectos de investigación e publicou máis de cen artigos no campo das cerámicas, ‘destacando os seus estudos na minimización do contido de metais cromóforos de alta toxicidade en pigmentos convencionais da industria’. Neste ámbito, ‘desenvolveu novas estruturas pigmentantes menos agresivas co medio ambiente, substituíndo metais de transición nocivos por iones lantánidos’. Tamén ‘explorou métodos de sínteses en disolución alternativos á síntese cerámica tradicional para reducir temperaturas de obtención e investigou os mecanismos de coloración para deseñar novas estruturas pigmentantes de maior poder de coloración diminuíndo o contido en elementos cromóforos’.
Purificación Escribano dirixiu o Colexio Universitario de Castelló entre 1987 a 1989 e converteuse nunha das protagonistas no proceso de creación da Universidade Jaume I de Castelló en 1991. Foi vicerreitora de Investigación da UJI entre 1992 e 1993.
Con profundas ideas feministas, Purificación Escribano fundou o Seminario de Investigacións Feministas e de Xénero da UJI.
https://youtu.be/6Hb8uXXYusw
Comentarios
Publicar un comentario