Cientificas Galegas

 Resultado de imagen de cientificas gallegas
A conquista da igualdade entre home e muller é unha das revolucións sociais máis admirables do noso tempo. Nunha charla organizada fai unhas semanas polas Mulleres en Igualdade de Pontevedra, explicaba Marta González, secretaria xeral de Igualdade da Xunta, as raíces históricas desta conquista.

Falábanos da importancia de que a muller traballase nos ámbitos da cultura e a ciencia para alcanzar a igualdade real de oportunidades. Citaba Marta o caso de Cristina de Pizán, escritora do século XIV que preconizou no seu libro A cidade das Damas, a igualdade intelectual e moral entre ambos xéneros. Sen esquecer a mención de tres mulleres galegas do século XIX de talla universal: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.

O pasado venres a Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, que preside a secretaria xeral de Igualdade, entregaba a Marisol Soengas González o III Premio María Josefa Wonenburguer. Os logros nas súas investigacións contra o cancro de pel desta científica galega eran indiscutibles. Marisol non necesitou cotas para publicar nas revistas internacionais máis prestixiosas, nin para traballar nos Centros de Investigación de referencia no mundo. Desde o pasado ano dirixe o Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncológicas de Madrid.

Marisol Soengas mostrounos, sen estridencias, o mellor camiño cara á igualdade real.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Wang Zhenyi

Sonia Kovalévskaya

Mary Anning, a paleontóloga que demostrou a extinción