Wang Zhenyi

Wang Zhenyi (1768-1797) viviu durante a dinastía Qing, a última dinastía imperial Chinesa. A moza científica estudou astronomía, matemáticas, xeografía e medicina. Case nada, verdade? Hoxe en día, dedicámosnos/dedicámonos a estudar cousas moi específicas e aínda así ás veces cústanos. Certo é que as épocas cambiaron, o que nos alivia ao pensar nestas científicas que podían con todo. Encima, podían con todo literalmente; xa non só falo de diferentes ramas da ciencia, si non que podían tamén co sistema, que non permitía estudar ás mulleres. Polo que, Wang Zhenyi tivo que estudar soa, converténdose nunha excelente autodidacta. Resumindo, foi unha muller intelixente e loitadora. Está claro que lle apaixonaban diferentes ámbitos da ciencia, pero iso non era o único. O seu outro hobby era a poesía. Si, si, lestes ben, gustáballe escribir poemas, e diría que o facía realmente ben, pois foi capaz de deixar a súa marca nese mundo.


Non podería estar máis de acordo coa frase Eu son eu e a miña circunstancia do filósofo José Ortega e Gasset. A razón pola que vos cito esta frase é porque é de vital importancia coñecer a vida, as experiencias e todo o que rodeaba a Wang Zhenyi para poder entender a súa paixón pola ciencia e a poesía. Empecemos polo principio.

A casa ancestral de Zhenyi estaba na provincia de Anhui, pero a familia do seu pai mudouse a Jiangning. Era unha familia pequena, constituída pola súa avóa, o seu avó e o seu pai. Poderíase considerar unha familia de alto nivel económico e social xa que o seu avó, Wang Zhefu, era un gobernador do condado de Fengchen e do distrito de Xuanhua. Ademais, o pai da científica, Wang Xichen, estudou ciencias médicas e creou unha colección de prescripciones médicas de catro volumes que se chamaba ?Yifang yanchao?. Malia que prácticamente só atopei o nome a avóa, a cal chamábase Dong, quixese mencionala. Pola falta de información, supoño, que sería unha ?simple? ama de casa. Pero como ?Wang foi Wang e a súa circunstancia? e, naquel entón, as mulleres eran as que tiñan que facerse cargo das seguintes xeracións, unha gran parte da educación da pequena Wang estivo claramente influída pola súa avóa. Pero repito que isto son só as miñas suposicións. De todos os xeitos, si que se sabe que foi a avóa a que ensinou poesía a Wang Zhenyi. O avó ensinoulle astronomía, e o seu pai medicina, xeografía e matemáticas. Con estas tres influencias, e tendo a casa chea de todo tipo de libros, é de entender que á pequena Zhenyi gustáselle a lectura.

En 1782, cando Wang tiña 14 anos, o seu avó morreu, e para darlle unha honorable despedida ao gobernador, a familia viaxou a Jilin, preto da Gran Muralla Chinesa. Quedáronse durante algúns anos nesa rexión, onde a neta do gobernador devorou toda a colección de libros do avó. Con máis de 75 libros de colección, era normal que conseguise un excelente coñecemento. Durante eses anos, tivo outra influencia importante: a muller dun xeneral mongolés, chamado Aa, que lle ensinou algunhas artes marciales, a montar dacabalo e a tirar con arco.

Con 16 anos, Wang Zhenyi e o seu pai viaxaron ao sur do rio Yangtze ata que se mudaron de novo a Jiangning. ¡Sen dúbida tivo que ser unha viaxe chea de experiencias enriquecedoras e aventuras! Shaanxi, Hubei e Guangdong foron algúns dos parajes que visitaron. Claramente, foi unha viaxe memorable que marcou a vida de Zhenyi, facéndoa madurar e obtendo máis coñecemento grazas a todo o vivido.

En Jiangning, cando tiña 18 anos, fíxose amiga doutras estudantes grazas á poesía. A esa idade tamén empezou a tomarse moi en serio os seus estudos de astronomía e matemáticas. Con todo, a gran maioría dos seus estudos facíaos pola súa conta, o cal ten moito mérito, e foi dese modo como conseguiu aportar moitos avances á ciencia.

A moza Wang casouse con 25 anos con Zhan Mei que era de Xuancheng, unha cidade da provincia de Anhui. Logo de ser profesora dalgúns estudantes, empezáronse a coñecer as súas contribucións en matemáticas e astronomía, así como as súas poesías.

Desgraciadamente, Wang Zhenyi morreu con 29 anos. Con todo, antes de morrer, deixoulle á súa mellor amiga, Madam Kuai (1763-1827), todos os seus traballos e manuscritos. Kuai, comprendendo a importancia deses traballos, dooullos a un famoso erudito daquela época, chamado Qian Yiji (1783-1850). Tras ler e analizar todos os documentos de Wang, considerouna como ?a muller erudita número uno logo de Ban Zhao?, que foi unha escritora, historiadora e intelectual chinesa. Ademais, Yiji recompilou o traballo de Zhenyi nun libro chamado Shusuan jiancun (Simples Principios do Cálculo).

Non cabo dúbida de que tivo unha vida chea de emocións, experiencias e aventuras; apaixonáballe a lectura e encantáballe intentar explicar fenómenos descoñecidos; gustáballe transmitir os seus pensamentos e sentimentos mediante a poesía? E malia o seu falecemento precoz, foi capaz de deixar unha gran marca na historia, non só oriental, senón mundial.
 Volvendo á científica, a súa paixón polo ceo e os astros levárona a realizar distintas investigacións: estudos sobre o número de estrelas; sobre a dirección rotacional do sol; investigacións sobre a lúa e os planetas Venus, Júpiter, Marte, Mercurio e Saturno; e para rematar, pero non por iso menos importante, realizou un estudo describindo a relación entre os eclipses lunares e solares. Wang Zhenyi, ademais, pasou das observacións aos experimentos que, por certo, eran simples pero brillantes. Por exemplo, para levar a cabo uno dos experimentos utilizou unha mesa redonda como Terra, unha lámpada de cristal colgada do teito representando ao sol e un espello circular colocado ao bordo da mesa representando a lúa. Movendo estes tres elementos segundo os principios astronómicos, estudou o eclipse lunar. Unha genialidad que non deixa de ser outra mostra máis da súa incrible capacidade intelectual.

En canto ao ámbito matemático Zhenyi dominaba a trigonometría e escribiu un artigo titulado?A explicación do Teorema de Pitágoras e a trigonometría. Admiraba ao matemático Mey Wending (1633-1721) e estudou en profundidade o seu libro ?Principio do Cálculo?. Pero Zhenyi non só dedicábase a estudar e a describir, tamén lle dedicou tempo a facilitar o estudo ás seguintes xeracións. Para iso, reescribiu este libro nunha linguaxe máis sinxela e titulouno As bases do Cálculo; e con 24 anos escribiu outro libro chamado Os simples principios do cálculo. Ademais, simplificou as multiplicaciones e as divisións para facer que as matemáticas fosen máis fáciles, e polo tanto máis divertidas
.Resultado de imagen de wang Zhenyi

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sonia Kovalévskaya

A muller que non enterrou os seus talentos