Cecilia Helena Payne-Gaposchkin


 A comunidade científica e universitaria tardou séculos en aceptar que as mulleres podían chegar a ter as mesmas capacidades intelectuais que os homes. Moitas delas fixeron grandes contribucións á ciencia sen recibir un recoñecemento oficial e sendo consideradas traballadoras de segunda nos distintos centros do saber. Cecilia Payne-Gaposchkin rompeu un importante teito de cristal ao converterse na primeira muller en ser considerada oficialmente co título de ?Astrónoma? na Universidade de Harvard. Gañouse o recoñecemento por méritos propios, logo de descubrir a verdadeira esencia das estrelas. E do universo.

Cecilia Helena Payne naceu o 10 de maio en 1900 na cidade inglesa de Wendover. Era unha dos tres fillos de Edward John Payne, avogado, músico e historiador, e a súa esposa de orixe prusiano, Emma Leonora Pertz, quen quedou viuda cando Cecilia era aínda unha nena de catro anos.

Cecilia estudou no Saint Paul?s Girls School e con dezanove anos conseguiu unha beca para poder estudar no Newnham College, pertencente á Universidade de Cambridge. Malia terminar a súa formación en botánica, física e química, a súa condición de muller impediulle recibir o título oficial de graduada.

Por aqueles anos, nunha conferencia do astrofísico Arthur Eddington, Cecilia descubriu o apaixonante mundo da astronomía, no que traballaría o resto da súa vida. Terminados os seus estudos, Cecilia deuse conta que en Inglaterra só podía aspirar a ser profesora nalgún colexio feminino, polo que en 1923 puxo rumbo aos Estados Unidos onde entrou en contacto cun universo que facía tempo acollía ás mulleres científicas.

Facía décadas que o Observatorio da Universidade de Harvard contaba entre as súas filas a mulleres de gran valía que dedicaron a súa vida ao estudo das estrelas. Nomes como Annie Jump Cannon, Williamina Fleming, Antonia Maury ou Henrietta Leavitt deran un gran prestixio á institución a finais do século XIX e principios do XX.

O Observatorio acababa de iniciar uns estudos de posgrao sobre astronomía aos que outra muller, Adelaide Ames, xa se incorporou en 1922. Cecilia fíxoo ao ano seguinte. En 1925, asinaba a súa tese doctoral ?Atmosferas estelares, unha contribución ao estudo de observación das altas temperaturas nas capas inversoras das estrelas?, considerada por algúns científicos do momento como a tese doctoral máis brillante sobre astronomía. O estudo de Cecilia concluíu que as estrelas estaban formadas nunha ampla porcentaxe por hidrógeno, polo que este considerábase o elemento máis abundante de todo o universo.

Cecilia continuou traballando en Harvard estudando as estrelas e en 1931 recibía a nacionalidade norteamericana. Dous anos despois, nunha viaxe por Europa onde entrou en contacto con distintos científicos, coñeceu ao que se convertería no seu marido, o astrofísico ruso Sergei I. Gaposchkin. Logo de conseguir un visado para poder viaxar aos Estados Unidos, contraeron matrimonio en 1934 e tiveron tres fillos. Cecilia non seguiu a tradición norteamericana de asumir o apelido do marido eliminando o propio e desde entón pasaría a chamarse Cecilia Payne-Gaposchkin.
Traballadora incansable, como científica e mestra na universidade, Cecilia conseguiu en 1938 que lla recoñecese oficialmente en Harvard co título de astrónoma. Ata ese momento, todas as mulleres que estudaran no observatorio recibían menos salario que os homes e non estaban consideradas como científicas de xeito oficial. En 1956 alcanzaba un novo logro dentro de Harvard ao ser nomeada profesora titular na Facultade de Artes e Ciencias. Pouco despois alcanzaba a Cátedra do Departamento de Astronomía e convertíase na primeira muller en dirixir un departamento dentro da prestixiosa universidade americana.

 En 1966 retirábase oficialmente do ensino pero aínda tivo enerxía para continuar observando o universo como investigadora do Observatorio Astrofísico Smithsonian. Ao final dos seus días escribiu o seu autobiografía. Falecía o 7 de decembro de 1979.
 Resultado de imagen de cecilia payne

Comentarios

Entradas populares de este blog

Wang Zhenyi

Sonia Kovalévskaya

Mary Anning, a paleontóloga que demostrou a extinción