Mary Anning pertencía á clase baixa e a unha familia de protestantes que non aceptaba o credo anglicano. E, por encima de todo, era muller. Estes factores pesaron máis ao mundo científico do seu tempo que o amplo coñecemento que acumulou ao longo de anos de procura de fósiles. Unha procura que aprendeu do seu pai e que iniciou para gañarse a vida e axudar á paupérrima economía familiar. Co tempo converteuse nunha eminencia na sombra no mundo da paleontología e os seus descubrimentos contribuíron a desmontar a teoría creacionista e a corroborar as teorías evolutivas. Pero soamente algúns poucos homes citárona nos seus estudos e foi logo da súa morte que a Sociedade Geológica de Londres se dignó a renderlle a merecida homenaxe. Mary Anning naceu o 21 de maio de 1799 na cidade inglesa de Lyme Regis. Os seus pais pertencían a un grupo coñecido como disidentes, é dicir, que profesaban o protestantismo pero non seguían os dictados da igrexa anglicana. O seu pai, Richard Anni...
Comentarios
Publicar un comentario