Sonia Kovalévskaya
Sonia Kovalévskaya foi unha matemática rusa do século XIX , que para poder estudar na universidade tivo que saír fóra de Rusia, pedir permisos especiais para asistir a clase e solicitar clases particulares a ilustres matemáticos. Despois de obter o doutoramento en matemáticas, a pesar de que ningunha universidade en Europa admitía a unha muller como profesora, conseguiu selo na entón recentemente creada Universidade de Estocolmo. As súas investigacións céntranse na análise matemática. O seu nome pasou á historia polo Teorema de Cauchy - Kovaleskaya . A súa especialización, polo que na súa época foi coñecida en toda Europa, era a teoría de funcións abelianas . O seu traballo sobre os aneis de Saturno representa a súa achega á matemática aplicada. O seu maior éxito matemático foi a súa investigación sobre a rotación dun sólido ao redor dun punto fixo polo que obtivo o Premio Bordin da Academia de Ciencias de París. O seu traballo póstumo, unha simplificación dun teorema de Bruns...